Ir al contenido principal

Entradas

Concerto de EU SON BAND!!!!!

 Tarde marabillosa na compaña destes grandes artistas. A tarde non se prestaba moito a sair da casa pero mereceu a pena ir velos. Moitas gracias a tod@s os que viñestes acompañarnos.
Entradas recientes

FIN DE CURSO 2019

PASOU O DÍA PASOU A ROMARÍA!!!! Foi un gran día cheo de emocións para todos, profes, nais, pais e sobre todo para os nenos. Coa festa rematou un curso de moito traballo para todos pero abofé que mereceu a pena. Seguramente nos equivocamos moitas veces, e outras cantas acertamos; pedimos desculpas por todo aquelo que non saiu todo o ben que quixeramos e gardamos toda esa experiencia no peto para mellorar no futuro. Agora toca descansar un chisco, pero non moito, que en Setembro empezamos a tope. De seguido deixámosvos un video e fotos de recordo do fantástico día que pasamos onte. Ata o sol asomou para que todo fora perfecto 💖 VER VIDEO VER FOTOS

INSCRICIÓNS E ACTIVIDADES PARA O CURSO 2019-2020

Remata este curso e xa estamos pensando no que ven!!!!!! Nos seguintes enlaces tedes acceso a todos os documentos necesarios para facervos socios e inscribir aos peques nas actividades extraescolares para o vindeiro curso, o calendario escolar do curso 2019-2020 (faltan 2 días que aínda non sabemos), e tamén a lista de libros para o vindeiro curso. INSCRICION SOCIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES LISTADO DE ACTIVIDADES CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020 LIBROS DE TEXTO 2019-2020 Tamén tedes exemplares dispoñibles na secretaría do cole ou podedes pedirnolos via whatsapp nos seguintes números: 667 401 428 / 660 824 354 / 687 346 987 ou no correo electrónico da ANPA ampa.ceip.antasdulla@gmail.com.

FESTAAAAAA!!!!

O curso está rematando e  querémolo celebrar con todos vós!!!!!  Se queres quedar ás actividades da tarde RESERVA PRAZA   AQUÍ  !!! cubre o formulario e depositao no buzón da ANPA ou envíao ao correo electrónico ampa.ceip.antasdulla@gmail.com AGARDAMOS POR TI

ANTE O ACOSO ACTÚA!!

O pasado luns tivemos a sorte de contar cunha parella de 10,  Héctor Méndez e Ramón Peña. Viñeron ata o cole para falarnos ás  familias e profesores de acoso escolar, e de verdade que foi ben interesante coñecer as causas que o provocan, cómo actúar ante un caso de acoso, e que o problema reside no acosador aínda que as consecuencias as sufra o acosado e a súa familia. Quedamos con ganas de máis! Agradecementos a Héctor e a Ramón por un traballo tan ben feito, e por ser tan pacientes, amables e agradables con nós, ata a próxima. Grazas tamén para a dirección do centro por facilitarnos que puidesemos facer esta actividade do Plan Director.

DETECCIÓN E PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

O Acoso Escolar, tamén chamado "Bullying" é un problema serio, con repercusións dramáticas tanto a nivel académico como social, en tódolos participantes (víctima, acosador, espectadores e comunidade educativa), por iso consideramos de vital importancia dar resposta a preguntas coma: Que formas de acoso escolar exiten? Quenes participan? Que consecuencias ten para as distíntas partes implicadas? Como actuar ante un caso de acoso escolar? Que podemos facer para evitalo? A intimidación dos agresores dase normalmente en contextos sociais onde docentes e familias, poucas veces están ao tanto da súa existencia, e os demais nen@s non interveñen, ben por medo ou porque non saben como axudar.  Para aportar un pouco de luz neste escuro tema quedades tod@s convidad@s a participar nesta interesantísima charla que organizamos dende a ANPA do Ceip de Antas de Ulla.

RCP E PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe no cole estiveron Isabel, Rocío e María, viñeron a ensinarlles aos nen@s como actuar ante unha emerxencia,  a que número hai que chamar, como actuar ante un atragoamento, como colocar a unha persoa inconsciente mentras agardamos pola ambulancia, e  a practicar a  RCP. Unha xornada Full Equip!!! Queremos agradecer ao Colexio de Enfermería de Lugo, a María e a Rocío, e moi especialmente a Isabel, por a implicación, o bo facer o entusiasmo e a paciencia. Foi un pracer contar con vós. Dar as grazas tamén aos PROFES por facilitarnos todo para que podamos facer estas actividades e por as fotos e os vídeos. Agardamos que todo o vivido hoxe quede gardado nun recuncho da súa memoria, de onde poderán sacalo no caso de ser preciso. Deixámosvos un vídeo para que podades ver que ben o fixeron.