Hoxe foi o día de falar coas mans!!!
A ANPA do CEIP de Antas de Ulla queremos agradecer á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, que se achegaran ó noso recunchiño da Ulloa para axudar aos nosos cativos a comprender mellor a realidade das persoas xordas.
Foi un auténtico pracer escoitar cos ollos o que as mans de Tino nos contaron.
Grazas a Ángela e aos profes, que foron cómplices e partícipes desta pequena sorpresa ca que quixemos agasallar a Tino e a súa interprete de lingua de signos.
Para ver o video PREME AQUÍ
Comentarios
Publicar un comentario