PASOU O DÍA PASOU A ROMARÍA!!!! Foi un gran día cheo de emocións para todos, profes, nais, pais e sobre todo para os nenos. Coa festa rematou un curso de moito traballo para todos pero abofé que mereceu a pena. Seguramente nos equivocamos moitas veces, e outras cantas acertamos; pedimos desculpas por todo aquelo que non saiu todo o ben que quixeramos e gardamos toda esa experiencia no peto para mellorar no futuro. Agora toca descansar un chisco, pero non moito, que en Setembro empezamos a tope. De seguido deixámosvos un video e fotos de recordo do fantástico día que pasamos onte. Ata o sol asomou para que todo fora perfecto 💖 VER VIDEO VER FOTOS