Hoxe no cole estiveron Isabel, Rocío e María, viñeron a ensinarlles aos nen@s como actuar ante unha emerxencia, a que número hai que chamar, como actuar ante un atragoamento, como colocar a unha persoa inconsciente mentras agardamos pola ambulancia, e a practicar a RCP. Unha xornada Full Equip!!! Queremos agradecer ao Colexio de Enfermería de Lugo, a María e a Rocío, e moi especialmente a Isabel, por a implicación, o bo facer o entusiasmo e a paciencia. Foi un pracer contar con vós. Dar as grazas tamén aos PROFES por facilitarnos todo para que podamos facer estas actividades e por as fotos e os vídeos. Agardamos que todo o vivido hoxe quede gardado nun recuncho da súa memoria, de onde poderán sacalo no caso de ser preciso. Deixámosvos un vídeo para que podades ver que ben o fixeron.
Comentarios
Publicar un comentario