Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

ANTE O ACOSO ACTÚA!!

O pasado luns tivemos a sorte de contar cunha parella de 10,  Héctor Méndez e Ramón Peña. Viñeron ata o cole para falarnos ás  familias e profesores de acoso escolar, e de verdade que foi ben interesante coñecer as causas que o provocan, cómo actúar ante un caso de acoso, e que o problema reside no acosador aínda que as consecuencias as sufra o acosado e a súa familia. Quedamos con ganas de máis! Agradecementos a Héctor e a Ramón por un traballo tan ben feito, e por ser tan pacientes, amables e agradables con nós, ata a próxima. Grazas tamén para a dirección do centro por facilitarnos que puidesemos facer esta actividade do Plan Director.