Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

DETECCIÓN E PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

O Acoso Escolar, tamén chamado "Bullying" é un problema serio, con repercusións dramáticas tanto a nivel académico como social, en tódolos participantes (víctima, acosador, espectadores e comunidade educativa), por iso consideramos de vital importancia dar resposta a preguntas coma: Que formas de acoso escolar exiten? Quenes participan? Que consecuencias ten para as distíntas partes implicadas? Como actuar ante un caso de acoso escolar? Que podemos facer para evitalo? A intimidación dos agresores dase normalmente en contextos sociais onde docentes e familias, poucas veces están ao tanto da súa existencia, e os demais nen@s non interveñen, ben por medo ou porque non saben como axudar.  Para aportar un pouco de luz neste escuro tema quedades tod@s convidad@s a participar nesta interesantísima charla que organizamos dende a ANPA do Ceip de Antas de Ulla.

RCP E PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe no cole estiveron Isabel, Rocío e María, viñeron a ensinarlles aos nen@s como actuar ante unha emerxencia,  a que número hai que chamar, como actuar ante un atragoamento, como colocar a unha persoa inconsciente mentras agardamos pola ambulancia, e  a practicar a  RCP. Unha xornada Full Equip!!! Queremos agradecer ao Colexio de Enfermería de Lugo, a María e a Rocío, e moi especialmente a Isabel, por a implicación, o bo facer o entusiasmo e a paciencia. Foi un pracer contar con vós. Dar as grazas tamén aos PROFES por facilitarnos todo para que podamos facer estas actividades e por as fotos e os vídeos. Agardamos que todo o vivido hoxe quede gardado nun recuncho da súa memoria, de onde poderán sacalo no caso de ser preciso. Deixámosvos un vídeo para que podades ver que ben o fixeron.