Ir al contenido principal

RCP E PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe no cole estiveron Isabel, Rocío e María, viñeron a ensinarlles aos nen@s como actuar ante unha emerxencia,  a que número hai que chamar, como actuar ante un atragoamento, como colocar a unha persoa inconsciente mentras agardamos pola ambulancia, e  a practicar a  RCP. Unha xornada Full Equip!!!
Queremos agradecer ao Colexio de Enfermería de Lugo, a María e a Rocío, e moi especialmente a Isabel, por a implicación, o bo facer o entusiasmo e a paciencia. Foi un pracer contar con vós.
Dar as grazas tamén aos PROFES por facilitarnos todo para que podamos facer estas actividades e por as fotos e os vídeos.
Agardamos que todo o vivido hoxe quede gardado nun recuncho da súa memoria, de onde poderán sacalo no caso de ser preciso. Deixámosvos un vídeo para que podades ver que ben o fixeron.


Comentarios

Entradas populares de este blog

FIN DE CURSO 2019

PASOU O DÍA PASOU A ROMARÍA!!!! Foi un gran día cheo de emocións para todos, profes, nais, pais e sobre todo para os nenos. Coa festa rematou un curso de moito traballo para todos pero abofé que mereceu a pena. Seguramente nos equivocamos moitas veces, e outras cantas acertamos; pedimos desculpas por todo aquelo que non saiu todo o ben que quixeramos e gardamos toda esa experiencia no peto para mellorar no futuro. Agora toca descansar un chisco, pero non moito, que en Setembro empezamos a tope. De seguido deixámosvos un video e fotos de recordo do fantástico día que pasamos onte. Ata o sol asomou para que todo fora perfecto 💖 VER VIDEO VER FOTOS

INSCRICIÓNS E ACTIVIDADES PARA O CURSO 2019-2020

Remata este curso e xa estamos pensando no que ven!!!!!! Nos seguintes enlaces tedes acceso a todos os documentos necesarios para facervos socios e inscribir aos peques nas actividades extraescolares para o vindeiro curso, o calendario escolar do curso 2019-2020 (faltan 2 días que aínda non sabemos), e tamén a lista de libros para o vindeiro curso. INSCRICION SOCIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES LISTADO DE ACTIVIDADES CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020 LIBROS DE TEXTO 2019-2020 Tamén tedes exemplares dispoñibles na secretaría do cole ou podedes pedirnolos via whatsapp nos seguintes números: 667 401 428 / 660 824 354 / 687 346 987 ou no correo electrónico da ANPA ampa.ceip.antasdulla@gmail.com.

XENTE MIÚDA ANIMÁDEVOS CON ALGUNHA!!!!!