Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

FOI UNHA AUTÉNTICA MARABILLA!!!

  O día 16 de Xaneiro tivo lugar o esperado curso de RCP e primeiros auxilios para socios, e non defraudou a ninguén (máis abaixo tedes un video con imaxes). Queremos agradecer a FAPACEL a oportunidade que nos brindou e dar as grazas tamén ás mamás, papás, familiares e profesores que decidiron adicar un pouco do seu tempo para participar no curso. Moi moi especialmente queremos dar as grazas a Inés e a Teresa do Alvaro Cunqueiro de Vigo, polas ensinanzas, amabilidade, proximidade e inmensa xenerosidade, facedes un traballo impagable. Ademais das técnicas aprendidas na nosa memoria quedan estas verbas de Inés "sodes os nosos ollos e as nosas mans fora do hospital" ; sen dúbida é unha boa razón para apostar por esta formación. Se queredes podedes descargar as fotos  NESTA LIGAZÓN

UNS COÑECEMENTOS BÁSICOS PODEN SALVAR UNHA VIDA

Esta vez a actividade vai dirixida ás nais, pais, avós, tíos ... que sexan socios da ANPA ou familiares dun socio.  A importancia de ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios cobra moita máis relevancia cando se dan casos coma o do neno que faleceu este nadal en Xixón ao atragantarse cunha uva. Saber que facer nun determinado momento pode salvar unha vida, por iso esperamos que vos animedes a participar nesta actividade que vos propón a ANPA en colaboración coa FAPACEL. Hai límite de prazas para poder realizar a actividade con comodidade e de xeito aprobeitable, así que os interesados bulide que voan.

ASÍ COCIÑAMOS ASÍ ASÍ...

Os días 2, 3, e 4 de Xaneiro os nosos pequechos puxeronse máns á masa e parece que lle colleron o gusto. No video van algunhas, pero se queredes podedes ver TÓDALAS FOTOS AQUÍ  Moitísimas grazas a ALOUMIÑO e moitas moitas grazas a Cris pola paciencia o cariño e a profesionalidade. 😍