Ir al contenido principal

UNS COÑECEMENTOS BÁSICOS PODEN SALVAR UNHA VIDA


Esta vez a actividade vai dirixida ás nais, pais, avós, tíos ... que sexan socios da ANPA ou familiares dun socio. 
A importancia de ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios cobra moita máis relevancia cando se dan casos coma o do neno que faleceu este nadal en Xixón ao atragantarse cunha uva. Saber que facer nun determinado momento pode salvar unha vida, por iso esperamos que vos animedes a participar nesta actividade que vos propón a ANPA en colaboración coa FAPACEL.
Hai límite de prazas para poder realizar a actividade con comodidade e de xeito aprobeitable, así que os interesados bulide que voan.

Comentarios

Entradas populares de este blog

FIN DE CURSO 2019

PASOU O DÍA PASOU A ROMARÍA!!!! Foi un gran día cheo de emocións para todos, profes, nais, pais e sobre todo para os nenos. Coa festa rematou un curso de moito traballo para todos pero abofé que mereceu a pena. Seguramente nos equivocamos moitas veces, e outras cantas acertamos; pedimos desculpas por todo aquelo que non saiu todo o ben que quixeramos e gardamos toda esa experiencia no peto para mellorar no futuro. Agora toca descansar un chisco, pero non moito, que en Setembro empezamos a tope. De seguido deixámosvos un video e fotos de recordo do fantástico día que pasamos onte. Ata o sol asomou para que todo fora perfecto 💖 VER VIDEO VER FOTOS

INSCRICIÓNS E ACTIVIDADES PARA O CURSO 2019-2020

Remata este curso e xa estamos pensando no que ven!!!!!! Nos seguintes enlaces tedes acceso a todos os documentos necesarios para facervos socios e inscribir aos peques nas actividades extraescolares para o vindeiro curso, o calendario escolar do curso 2019-2020 (faltan 2 días que aínda non sabemos), e tamén a lista de libros para o vindeiro curso. INSCRICION SOCIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES LISTADO DE ACTIVIDADES CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020 LIBROS DE TEXTO 2019-2020 Tamén tedes exemplares dispoñibles na secretaría do cole ou podedes pedirnolos via whatsapp nos seguintes números: 667 401 428 / 660 824 354 / 687 346 987 ou no correo electrónico da ANPA ampa.ceip.antasdulla@gmail.com.

XENTE MIÚDA ANIMÁDEVOS CON ALGUNHA!!!!!